19 jun 2013

CARTEL DO BANCO DE LIBROS DE TEIS

Como non son capaz de pegar o PDF do cartel, déixovos aquí o enlace onde podedes velo e descargalo.

Un saúdo

http://www.mediafire.com/view/2auuk4rvel52kae/libros_teis.pdf

RECOLLIDA DE LIBROS (segun orde establecida na solicitude)

RECOLLIDA DE LIBROS

(segundo orde establecida na solicitude)

Datas: Do 15 ao 24 de xullo e do 09 ao 17 de setembro

Horario: De 10 a 13 e de 16 a 19

DOAZON E SOLICITUDE DE LIBROS

DOAZÓN E SOLICITUDE DE LIBROS

No local do Plan Comunitario de Teis

Datas: Do 21 de xuño ao 5 de xullo


Horario: De 10 a 13 e de 16 a 19

DE NOVO EN MARCHA

Bueno, despois de ter uns pequenos problemas co blog (o parecer non lles gustaba o noso nome), xa estamos de novo outra vez por aquí.

Imos subir o cartel que fixemos. Nel veredes as datas, tanto de doazón coma de recollida dos libros.

Xa sabedes que este ano haberá que cubrir unha solicitude, que teredes no local do PLAN COMUNITARIO DE TEIS, para pedir os libros que vos fagan falla.

Tentaremos que as cousas saian o mellor posible, pero para iso temos que contar tamén coa vosa axuda (non protestando, preguntando con calma, sendo razoable, etc...).

Dádevos conta que todos/as os/as que imos estar alí de cara a vos, somos persoas voluntarias e o único que buscamos e axudar ao máximo número de xente posible.

Grazas por anticipado, e xa sabedes que a partires do dia 21 por la tarde (16:00 a 19:00) xa podedes pasar a cubrir as solicitudes e a deixar os libros que non vaiades utilizar mais.

Un saúdo a todos/as

5 jun 2013

XA ESTAMOS EN MARCHA


Ola a todos/as. 

A partires de agora, imos estar en contacto con todos vós a traves deste blog, para todo o relativo ao Banco de Libros  que estamos a poñer en marcha no barrio de Teis. 
A traves deste blog irémosvos informando de todas as novidades. 
Aqui publicaranse os listados da recolleita de libros e poderedes enviarnos todas as vosas dúbidas ao noso correo electronico. 
Os país e nais  interesadas, as ANPAS e todo/a aquel/a que queira, a traves do blog, estará informado de todas as cuestións relativas a este Banco de Libros.
Un Banco de libros que se está a crear entre todos/as e SEGURO vai ser un éxito e unha gran axuda para todos/as.